Un total de 14 familias participaron neste proxecto executado xunto coa Alcaldía de Las Sabanas, a través do que se instalaron e conectaron liñas de condución da rede principal do sistema de acueduto da área urbana de Las Sabanas, que drena por gravidade. Instaláronse as tubaxes e as conexión domiciliares, xunto con 11 cuartos de baño, para mellorar a vida destas familias en situación de pobreza e con pésimas condicións de salubridade nas súas vivendas.