O proxecto pretendeu favorecer o desenvolvemento humano e social das comunidades dos distritos de Boane (Massaca, Mahanhane) e Namaacha (Mahelane, Changalane), contribuíndo á redución da vulnerabilidade das comunidades, a través de tres compoñentes: 1) Educación para a saúde. 2) Incremento do número de consultas prenatais, partos institucionais e consultas postparto, sensibilizando ás mulleres e familiares para que se adhiran ás consultas, loitando contra as barreiras socioculturais ao respecto, en beneficio da saúde da muller e da infancia. 3) Identificar e prestar coidados ás nenas e nenos de atención especial (desnutrición, infancia en risco e/ou con patoloxías), proporcionando todos os coidados necesarios (alimentares e de medicamentos) nos centros nutricionais.