O obxectivo do presente proxecto era empoderar ás mulleres para que puideran saír da súa situación de crise e precariedade e, polo tanto, crear un ambiente familiar e social no que as nenas viran cubertas as súas necesidades básicas e onde se respectaran os seus dereitos. A metodoloxía empregada foi a dos grupos de axuda mutua ou grupos de aforro que, alén de incidir na capacidade económicas das mulleres, contribúe ao seu empoderamento persoal, económico, político e social.