Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí

Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As limitacións do parque móbil das organizacións campesiñas do MST de Brasil orixinaron que non puidesen atender de forma axeitada os proxectos de agricultura desenvolvidos nas comunidades, as escolas e as actividades do sector da saúde. Por tanto, o proxecto buscou incrementar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí. Mercáronse catro motocicletas e mais ferramentas para o seu mantemento, legalizáronse os permisos de condución e subscrición de seguros, e impartiuse un curso de capacitación no coidado e mantemento dos vehículos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información