A actuación baseouse en reactivar as áreas de cultivo na localidade de Ribeira da Prata, a fin de reducir a inseguridade alimentaria e proporcionar alternativas económicas a 24 familias, a maioría encabezadas por mulleres. Dado que, nesta zona, a seca constitúe un dos principais desafíos, instalouse un sistema de microirrigación que aproveita a auga subterránea. A reactivación da agricultura non só contribuirá a garantir a soberanía alimentaria da zona, senón que xerará ingresos adicionais ás familias a través da venta dos excedentes.
