O obxectivo do proxecto foi o de contribuír á plena implementación do dereito á educación mediante a promoción da educación secundaria para as comunidades de Plan Candelero e Encuentro Candelero. Os resultados acadados foron:
- Construción dunha infraestrutura educativa equipada para que o alumnado de Plan Candelero e Encuentro Candelero que remata a súa Educación Primaria poida continuar coa súa Educación Secundaria (básica e diversificada).
- Establecemento dun sistema de ensino a distancia que permite ao alumnado de Plan Candelero e Encuentro Candelero que remata a súa Educación Primaria continuar coa súa Educación Secundaria (básica e diversificada).
