Construción dun módulo educativo integral: aula para nenas/os de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na IEI Nº6080 – Rosa de América

Construción dun módulo educativo integral: aula para nenas/os de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na IEI Nº6080 – Rosa de América 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto beneficiou a 60 nenas e nenos de 4 anos da Institución Educativa Rosa de América Nº 6080, de Villa El Salvador, abríndolles a oportunidade de acceder ao nivel inicial de educación e facilitando, así, a permanencia e un progreso adecuado no sistema educativo. Tamén incluíu a 15 docentes do nivel inicial. A iniciativa formaba parte da proposta de desenvolvemento integral que Tierra de Niños viña executando no distrito de Villa El Salvador desde o ano 2002. Xurdiu tras a constatación de altos índices de repetición e deserción escolar de alumnado do nivel primario, que tiñan como causa fundamental a incorrecta atención recibida na educación inicial. Na práctica, levouse a cabo a construción dunha aula e servizos hixiénicos para o nivel inicial e actividades de capacitación para as e os 15 docentes do nivel inicial.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información