Boane é un dos dous municipios que sufriron en maior medida o paso do ciclón Eloise, no 2019. A través do proxecto, catro familias encabezadas por mulleres en situación de vulnerabilidade puideron acadar unha vivenda digna e segura. Así mesmo, tratouse de reforzar as capacidades das comunidades afectadas polos referidos ciclóns no municipio de Boane, para apoiar na reconstrución das infraestruturas destruídas. Alén destas accións, e con vista a evitar que máis poboación pase a ocupar as zonas propensas ás inundacións, a Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, en coordinación co Instituto Nacional de Xestión de Calamidades e Desastres de Mozambique, realizaron capacitacións e campañas de sensibilización dirixidas ao persoal técnico municipal e ás comunidades locais de maior vulnerabilidade.
