Construción de pozos de auga

Construción de pozos de auga 1920 1280 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Achegarse ao río para recoller auga constitúe unha práctica de risco para as comunidades que viven á beira do Zambeze, xa que se expoñen aos ataques de animais salvaxes, como hipopótamos e crocodilos, que están a causar mortes e graves feridas sobre todo ás mulleres, habitualmente encargadas de encher os bidóns e lavar a roupa. Así acontecía no barrio de Mutarara Velha, onde a través deste proxecto se construíron dous pozos con bombas solares para garantir un acceso seguro á auga potable, xa que en dous anos 26 persoas da aldea perderan a vida intentando abastecerse. Minguouse así a incidencia de doenzas como a diarrea, causa de mortalidade sobre todo entre nenos e nenas, ao tempo que se reduciu a distancia que as mulleres teñen que percorrer cargando as garrafas, de xeito que poderán dedicar o seu tempo a outras actividades. Elas son tamén as integrantes dos comités de xestión para manter e supervisar o funcionamento dos sistemas de abastecemento, para o que recibiron unha formación básica. Estímase en 1.200 o número de persoas beneficiadas con esta iniciativa.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información