Construción de dous sistemas de abastecemento de auga no barrio de Mutarara Velha, Municipio de Nhamayabue

Construción de dous sistemas de abastecemento de auga no barrio de Mutarara Velha, Municipio de Nhamayabue 1280 853 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Este proxecto constituíu unha segunda fase da actuación apoiada en 2017 e culminou coa construción doutros dous pozos cos que afastar á poboación do perigo que supón a fauna salvaxe do río Zambeze. Cos catro sistemas de subministro instalados, estímase que un 80% dos algo máis de 3.000 habitantes de Mutarara Velha, no municipio de Nhamayabue, se beneficiarán do abastecemento de auga a través das bombas solares instaladas pozos, minguando así a incidencia de doenzas como a diarrea, causa de mortalidade sobre todo entre nenos e nenas. Ao tempo, reducirase considerablemente a distancia que as mulleres teñen que percorrer cargando as garrafas, de xeito que poderán dedicar o seu tempo a outras actividades. Elas son as que habitualmente se xogan a vida adentrándose na beira do río, cos seus bebés ás costas e na compaña das fillas pequenas, normalmente en grupo para que unhas vixíen mentres outras fregan os pratos ou recollen a auga.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información