Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario. Programa ART-GOLD do PNUD

Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario. Programa ART-GOLD do PNUD 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O 26 de decembro de 2004 un tsunami levou a vida de máis de 30.000 persoas e desprazou a 500.000 no Sueste Asiático. Doce dos 25 distritos de Sri Lanka foron severamente castigados. A destrución que produciu o tsunami empeorou a xa existente situación de pobreza e incrementou a vulnerabilidade dunha grande proporción dos segmentos máis pobres da poboación. Por tanto, o proxecto procurou mellorar a calidade de vida dalgúns dos grupos máis vulnerables das áreas seleccionadas (viúvas, familias monoparentais, xente nova desempregada) grazas á oferta de servizos sociais comunitarios, centrándose en particular nas nais e na infancia, así como en actividades dirixidas á mocidade desempregada con familia. As actividades implementáronse en 9 centros de desenvolvemento comunitario que foron reconstruídos despois do tsunami.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información