A través desta iniciativa, traballouse para mellorar as condicións educativas dos xardíns de infancia da Unión de Mulleres Palestinas, garantindo a mellora dos servizos e a elevación do nivel educativo, asegurando ao tempo a súa continuidade. Así mesmo, mercáronse libros e outros materiais escolares cos recursos das escolas infantís para distribuír entre os graos medios e superior.