Casa de acollida para menores en alto risco social

Casa de acollida para menores en alto risco social 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto sitúase en San José de Pinula, onde se construíron dúas casas con cuartos, unha para nenos e outra para nenas, e mais un comedor de ata 100 prazas. O Fondo Galego financiou a construción dunha destas casas. Os menores pertencían a familias desestruturadas, vítimas de malos tratos, abusos sexuais, drogadicción, abandono ou orfandade. Este centro posibilitou o seu aloxamento e protección, así como preparación escolar e capacitación profesional, permitindo que accedan ao mundo laboral ou facilitando a adopción en familias sen separar a irmáns. As nenas e nenos que habitan nestas vivendas son remitidas polo Xulgado de Menores e comprenden unha faixa de idade dos 0 aos 15 anos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información