Caravana de axuda alimentaria

Caravana de axuda alimentaria 1280 576 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Á carencia dos produtos alimenticios máis básicos e a insuficiencia da ración programada, ademais dos recortes das participacións dos doantes das axudas destinadas á poboación refuxiada saharauí, engadiuse a pandemia da Covid-19, que agravou máis a situación xa existente nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís. Os alimentos mercáronse en Galicia e foron levados nos vehículos doados por diferentes administracións públicas. O 31 de marzo saíron en grúa ata Alacante os vehículos doados, con alimentación, medicinas, roupa deportiva, etc., e alí embarcaron cara Orán (Alxeria), onde foron recollidos por condutores saharauís e levados por estrada ata os campamentos de Tinduf. A súa chegada, todos os vehículos e a carga que portaban foron entregados ás autoridades saharauís para que realizaran a súa distribución.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información