O proxecto desenvolveuse na área de incidencia do furacán Mitch, que afectou ao estado das vivendas da zona. Este feito, xunto co empobrecemento da poboación, orixinaron que as condicións de habitabilidade estiveran por debaixo do mínimo esixido. Porén, este proxecto apoiou con créditos a 34 familias para a compra de materiais e man de obra, naquelas situacións de especial gravidade, propiciando a creación dun fondo rotatorio que permitiu aos habitantes mercar o material necesario a prezos baixos. Para propiciar a dinamización social e económica da zona púxose como requisito a contratación de exalumnos da Escola Taller que a Cooperación Española mantiña na zona.