Axuda alimentaria

Axuda alimentaria 816 612 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A situación prolongada das persoas refuxiadas saharauís volveuse máis fráxil que nunca no mes de marzo de 2022, como resultado dos terribles efectos causados pola pandemia da Covid e a nova onda de desprazamento de miles de civís causada pola continuación da guerra entre as dúas partes en conflito no Sáhara Occidental: Marrocos e a Fronte Polisario. Ademais disto, a incapacidade do Programa Mundial de Alimentos, que non foi quen de cubrir as cotas alimentarias debido á falta de financiamento e a subida dos prezos de produtos de base no mercado internacional, derivou na diminución do volume das racións alimentarias mensuais proporcionadas ás persoas refuxiadas en máis do 50%, especialmente durante os meses de novembro de 2021 e marzo de 2022. Esta situación obtivo como resposta a colaboración da Mancomunidade do Val Miñor, canalizada a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que achegou unha axuda para a compra dos seguintes produtos: 10 toneladas de arroz, 5 toneladas de lentellas e 2.605 quilos de azucre.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información