A autoconstrución de vivendas para a mellora da calidade de vida da poboación dos barrios marxinais de La Vereda e Pasos de las Duranas foi a metodoloxía escollida pola municipalidade de Montevideo para poñer solución a este grave problema social. A poboación afectada viuse implicada na autoconstrución de 64 vivendas que permitiron unha vida máis digna á veciñanza destes barrios.