Apoio de emerxencia a familias afectadas nas inundacións nos distritos de Boane e Namaacha

Apoio de emerxencia a familias afectadas nas inundacións nos distritos de Boane e Namaacha 1024 768 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con esta intervención puidemos mitigar algúns dos efectos das inundacións sufridas en febreiro de 2023, proporcionando ás familias condicións básicas para a súa vida cotiá, axudando a mellorar a súa vulnerabilidade. Esta intervención estivo dirixida ás comunidades de PSK, Umpala, Massaca 1, Massaca 2, Mahanhane e Mahelane, unha zona rural no sur de Mozambique onde a maioría das familias se dedican á agricultura de subsistencia. 

Identificouse as familias máis necesitadas e entregáronse subministracións de produción para as súas granxas a 361 familias; 150 mantas; 56 nenos recibiron material escolar e uniformes; 98 familias recibiron dúas entregas de arroz para as súas necesidades diarias. Finalmente, rehabilitáronse as estradas de acceso e o interior do Centro Infantil Xiluva para evitar posibles inundacións durante futuras choivas; ao mesmo tempo, foron reparadas as estradas de acceso á Escola Primaria Mahanhane, que sufriu graves danos polas choivas.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información