A raíz da visita dunha delegación saharauí a Galicia, o Fondo Galego respondeu ante o agravamento das precarias condicións de vida en que se desenvolve a existencia das persoas refuxiadas acollidas nos campamentos saharauís, mobilizando aos concellos galegos e poñendo a súa conta de emerxencia á disposición dunha campaña para paliar as dificultades en materia de seguridade alimentaria e escaseza de produtos de primeira necesidade. Cos fondos recadados levouse a cabo a compra de produtos frescos e arroz e a súa posterior distribución na Escola 12 de Outubro, que acolle a 1.700 nenas e nenos da provincia de Smara.