O Centro de Menores Esperanza de Katembe, localizado no Barrio de Inguide, Distrito Municipal da Katembe, Cidade de Maputo, é unha Institución tutelada polo Instituto Nacional de Acción Social do Goberno de Mozambique, que alberga a rapazada desfavorecida proveniente de varios lugares e en distintas situacións de vulnerabilidade, como nenos e nenas perdidas, orfas, abandonadas, vítimas de violencia, etc.
A situación do Centro de Menores é moi precario, non tendo oportunidade de ofrecerlle á infancia os servizos básicos adecuados para o seu desenvolvemento. A falta de fondos levou á súa dirección a explorar a posta en marcha de actividades económicas que xeren ingresos para completar o orzamento necesario e que á vez garantan a alimentación adecuada para as nenas e nenos. Nesta liña, a través deste proxecto foi posto en marcha unha unidade de cría de polos así como hortas para o cultivo de verduras e legumes, cun triplo obxectivo: contribuír á nutrición das nenas e nenos usuarios do centro, contribuír á sustentabilidade do centro a través da venda de excedentes e a formación en actividades agropecuarias.
