Pretendeuse, con este proxecto, solucionar o problema da falta de acceso a auga potable na Comunidade de Cassaca, Sección de Pecixe/Sector de Caio. O referido proxecto, axudou á poboación local a ter acceso a auga potable con calidade examinada (a través de exames bacteriolóxicos, físico e químico), reducir os problemas de saúde relacionados a pésima calidade de auga, mellorar a pouca hixiene derivada da falta de auga e reducir os esforzos físicos, emprendidos sobre todo polas mulleres e nenos e nenas da referida comunidade, nas tarefas relacionadas co acceso a auga. Para iso, foi construído un pozo, un depósito de auga de 4.000 litros e a canalización a dous puntos da comunidade para que as persoas poidan acceder á auga en puntos comúns. Asemade, a poboación foi sensibilizada para evitar a extracción de auga en pozos non seguros e tamén para formala para integrar o Comité de Xestión do pozo.
