Apoio á construción de cuartos de baño na illa de Maio

Apoio á construción de cuartos de baño na illa de Maio 1024 768 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con vistas a combater os índices de insalubridade, o proxecto preveu a construción de 60 cuartos de baño en casas particulares nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, así como a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde a fin de contribuír á adopción de novos hábitos de hixiene. As familias beneficiarias recibiron o material para construír o seu cuarto de baño e apoio técnico para garantir a calidade da obra. Así mesmo, as campañas foron organizadas a través de procesos participativos, o que asegurou a implicación das asociacións comunitarias das respectivas localidades.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información