O proxecto obedece á petición das administracións cubanas realizada a diversas entidades de solidariedade internacional de cara a poder adquirir as xiringas e as súas correspondentes agullas dun só uso para poder realizar o ensaio de intervención comunitario da vacina Soberana 02 na Cidade de La Habana, que foi desenvolvida polo Instituto Finlay de Cuba. A petición obedece á dificultade existente en Cuba para adquirir os insumos no mercado internacional debido ao bloqueo contra Cuba das administracións norteamericanas, condenado por Nacións Unidas, que creou unha grande dificultade para poder xerar as divisas necesarias. Prevese adquirir 5 millóns de xiringas necesarias para a vacinación de La Habana, dentro do ensaio de intervención comunitario posterior á finalización da fase III.
