Adquiríronse 30 bicicletas para que as promotoras de saúde da comunidade puideran desprazarse polas distintas aldeas. En cada aldea escolléronse e formáronse mulleres para actuar como lideresas comunitarias na promoción da saúde. A súa función é a de coñecer a fondo a situación das familias, orientalas en hixiene, coidados á infancia e derivalas ao centro de saúde de ser preciso. Este proxecto complementa a posta en marcha do centro de atención infantil Massaca 1, pois estas promotoras son as encargadas de detectar bebés en risco.