A intervención tiña como obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo, ao tempo que se puxeron en práctica técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último foi o de dispoñer dun edificio que aloxara perto de 720 visitantes ao ano. Os recursos obtidos servirían para o posterior financiamento das actividades e permitirían garantir a continuidade do proxecto.