A través do proxecto, as e os habitantes da comunidade de Reno (800 persoas) poden gozar agora do acceso á auga potable na súa comunidade. Para iso, construíuse un pozo, un depósito de auga de 4.000 litros e a canalización a dous puntos da comunidade para que as persoas poidan acceder á auga en fontes comunitarias. Asemade, sensibilizouse á poboación…
continuarPretendeuse, con este proxecto, solucionar o problema da falta de acceso a auga potable na Comunidade de Cassaca, Sección de Pecixe/Sector de Caio. O referido proxecto, axudou á poboación local a ter acceso a auga potable con calidade examinada (a través de exames bacteriolóxicos, físico e químico), reducir os problemas de saúde relacionados a pésima calidade de auga, mellorar a…
continuarA actuación baseouse en reactivar as áreas de cultivo na localidade de Ribeira da Prata, a fin de reducir a inseguridade alimentaria e proporcionar alternativas económicas a 24 familias, a maioría encabezadas por mulleres. Dado que, nesta zona, a seca constitúe un dos principais desafíos, instalouse un sistema de microirrigación que aproveita a auga subterránea. A reactivación da agricultura non…
continuarO centro de acollida infantil 1º de Maio é unha institución pública do Municipio de Maputo, fogar de 50 menores que, na súa maioría, se viron abandonados nos hospitais da cidade, así como nos despachos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero. O centro presta asistencia, protección, apoio social, psicolóxico e material á rapazada, que chega nun estado…
continuarEste proxecto constituíu unha segunda fase da actuación apoiada en 2017 e culminou coa construción doutros dous pozos cos que afastar á poboación do perigo que supón a fauna salvaxe do río Zambeze. Cos catro sistemas de subministro instalados, estímase que un 80% dos algo máis de 3.000 habitantes de Mutarara Velha, no municipio de Nhamayabue, se beneficiarán do abastecemento…
continuarA finalidade do proxecto era reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces, empregando o deporte como ferramenta. Ofrecéronse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivou a participación e liderado das rapazas. Ao tempo, formouse en…
continuarEste proxecto facilitoulles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. Para garantir o dereito humano á auga, levouse a cabo a rehabilitación dun pozo con sistema de bombeo electrosolar, a construción de dous depósitos en altura e a instalación dunha rede de distribución cuns 1.000 metros de canalizacións. Ademais, dispuxéronse catro fontes…
continuarA igualdade de xénero era o eixo central deste proxecto, que tiña por obxectivo promover unha educación integral en sexualidade en catro centros públicos do municipio guatemalteco de Chinautla. A intervención involucraba a profesorado, alumnado, familias e institucións locais na prevención da violencia contra as mulleres e no establecemento de relacións de xénero equitativas, para o que se impartiron obradoiros…
continuarAchegarse ao río para recoller auga constitúe unha práctica de risco para as comunidades que viven á beira do Zambeze, xa que se expoñen aos ataques de animais salvaxes, como hipopótamos e crocodilos, que están a causar mortes e graves feridas sobre todo ás mulleres, habitualmente encargadas de encher os bidóns e lavar a roupa. Así acontecía no barrio de…
continuarO obxectivo desta intervención era ampliar o acceso á auga potable e ao saneamento da poboación rural, como dereito humano básico, mediante unha xestión integrada que contemple enfoques de transparencia e participación cidadá, entre outros. Para conseguilo, leváronse a cabo diversas accións a fin de fortalecer as capacidades municipais neste senso, comezando por formar ao persoal no manexo de programas…
continuar








