Este proxecto buscou o fortalecemento dos liderados e da participación cidadá de 75 mulleres ambientalistas na promoción dos dereitos ambientais e na defensa do territorio dos municipios de Suchitoto, Candelaria e Tenancingo a partir da sensibilización ambiental comunitaria. A proposta suma tamén a promoción da participación das mulleres na defensa do Dereito humano á Auga e a protección dos bens…
continuarO proxecto buscou contribuír ao desenvolvemento sostible das familias rurais de Chinandega a través de procesos de produción eficientes. Isto conseguiuse mellorando a xestión das áreas naturais vinculadas á acuicultura e ás granxas de porcos, co desenvolvemento de charlas ambientais centradas principalmente no coidado e xestión das zonas de recarga de auga nas terras altas do departamento de Chinandega. Tamén…
continuarO proxecto buscou contribuír á innovación, desenvolvemento e sustentabilidade social e ambiental do sector pesqueiro na Reserva Natural Padre Ramos e Aserradores, situada no Departamento de Chinandega (Nicaragua). Para iso, traballouse con 9 cooperativas de pescadores/as (68 homes e 48 mulleres) que se dedican ao cultivo de pargo lunarejo en gaiolas flotantes. Este modelo acuícola artesanal permite aos pescadores e…
continuarA través deste proxecto foi creado un asentamento humano inclusivo, digno e seguro na aldea rural de Kandukur , distrito de Kurnool de Andhra Pradesh, para familias pertencentes ás castas máis desfavorecidas da India. Por tanto, construíronse 34 vivendas, facendo efectivos os dereitos de acceso a unha vivenda e ao saneamento de 34 mulleres e os seus familiares. Ao mesmo…
continuarA través deste proxecto construíronse trinta fogóns, que se manteñen limpos e sen fume, o que reduce a prevalencia de infeccións e enfermidades entre os membros da familia. Ademais, o consumo de leña diminuíu de 21 troncos ao día a 9, o que reduce a presión sobre os recursos forestais e xera aforro económico para as familias. Así mesmo, as…
continuarO obxectivo do proxecto foi o de contribuír á plena implementación do dereito á educación mediante a promoción da educación secundaria para as comunidades de Plan Candelero e Encuentro Candelero. Os resultados acadados foron: Construción dunha infraestrutura educativa equipada para que o alumnado de Plan Candelero e Encuentro Candelero que remata a súa Educación Primaria poida continuar coa súa Educación…
continuarConversión do centro de saúde de Calequisse en Centro de Saúde Materno Infantil, posto que xa se estaba a construír un centro de saúde máis amplo a través de financiamento europeo. Deste xeito, a atención médica para as nais e nenos e nenas será realizada neste centro, que reduce tempos de espera, dá atención máis especializada e evita que a…
continuarOs 1.500 habitantes das comunidades de Injante e Úl, en Guinea-Bissau, teñen acceso á auga potable a través das fontes instaladas nas súas aldeas durante a cuarta fase do proxecto impulsado na illa de Pecixe polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Un total de 250 familias, que viven practicamente illadas e sen acceso aos servizos máis básicos, verán melloradas…
continuarA través do proxecto, as e os habitantes da comunidade de Pessangue (1077 persoas) poden gozar agora do acceso á auga potable na súa comunidade. Para iso, foi construído un pozo, un depósito de auga de 4.000 litros e a canalización a dous puntos da comunidade para que as persoas poidan acceder á auga en puntos comúns. Asemade, a poboación…
continuarOs resultados dos diagnósticos realizados entre os anos 2018 e 2019 no ámbito da elaboración dos planos locais de desenvolvemento destacan as dificultades de acceso ao servizo de saúde de calidade como un problema común a todos os Sectores da Rexión de Cacheu. Tal problema deriva, por unha banda, do déficit de cualificación profesional do persoal técnico de saúde e,…
continuar








