Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

Proxecto de cooperación

Adquisición de 30 bicicletas para promotoras de saúde de Boane e Naamacha

Adquisición de 30 bicicletas para promotoras de saúde de Boane e Naamacha, na provincia de Maputo

Adquisición de 30 bicicletas para promotoras de saúde de Boane e Naamacha, na provincia de Maputo 1600 960 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Adquiríronse 30 bicicletas para que as promotoras de saúde da comunidade puideran desprazarse polas distintas aldeas. En cada aldea escolléronse e formáronse mulleres para actuar como lideresas comunitarias na promoción da saúde. A súa función é a de coñecer a fondo a situación das familias, orientalas en hixiene, coidados á infancia e derivalas ao centro de saúde de ser preciso.…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Instalación dun módulo ovino de raza “corriedale” en Los Molinos

Instalación dun módulo ovino de raza “corriedale” en Los Molinos 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Impulsouse a instalación dun módulo de ovinos da raza “corriedale” a fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a produción e produtividade de carne e de lá. Construíuse o correspondente curral, mellorouse o pasto e adquiriuse o equipamento do botiquín veterinario. Así mesmo, contemplouse a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a produción de lá e…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O obxectivo do proxecto era potenciar e fomentar a equidade de xénero nas actividades microempresariais e agropecuarias das socias e socios da cooperativa ACUDE e UCRES. Para logralo, desenvolvéronse xornadas de sensibilización sobre igualdade de xénero en cada unha das 30 comunidades implicadas, charlas sobre o empoderamento das beneficiarias así como de masculinidades dirixidas aos homes. Ademais, financiáronse 69 actividades…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Instalación dun módulo de ovinos de raza “corriedale” na comunidade de Ambulco Grande

Instalación dun módulo de ovinos de raza “corriedale” na comunidade de Ambulco Grande 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Fortalecer á comunidade de Ambulco Grande foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 20 femias e 2 machos da raza ovina “corriedale”, co propósito de crear microproxectos con fondos rotatorios para mellorar a calidade de vida da poboación partindo da produción agropecuaria. Así mesmo, construíuse un curral con tres compartimentos, melloráronse os pastos e equipouse o…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Manexo sostible do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidades do norte de Esmeraldas

Manexo sostible do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidades do norte de Esmeraldas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto contribuíu a frear a destrución dos recursos naturais, que agrava a situación de pobreza da poboación, favorecendo dinámicas de tratamento sostible do bosque e protección do medio ambiente, con aproveitamento económico, especialmente as mulleres. Realizáronse talleres formativos en uso e conservación do bosque, implantación de sistemas agroforestais, resolución de conflitos socio ambientais, rehabilitación de plantacións de cacao, prospeccións…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Construción dunha ponte vehicular na comunidade Colonia Santiaguito do Municipio de Estor, Departamento de Izabal

Construción dunha ponte vehicular na comunidade Colonia Santiaguito do Municipio de Estor, Departamento de Izabal 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

No marco do programa “Novos modelos de xestión municipal democráticos”, no que participaron outros Fondos de Cooperación a nivel estatal integrados na Confederación de Fondos, a achega do Fondo Galego destinouse á construción desta infraestrutura elemental, que permitiu acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, fisicamente distanciadas, así como solucionar problemas relativos…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Condución de auga potable para o caserío La Coyotera

Condución de auga potable para o caserío La Coyotera 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto integrábase no programa de desenvolvemento do municipio de El Paraíso, definido polas autoridades locais en colaboración coa sociedade civil. A intervención consistiu na perforación dun pozo de 40 metros de profundidade, así como o bombeo a través de tubaxes para a condución de auga potable a 75 vivendas, contribuíndo á mellora das condicións de saúde, económicas e de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes

Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través do proxecto, 200 cultivadoras e cultivadores de fabas de baixos ingresos dos departamentos central e sur do país obtiveron dispoñibilidade de crédito e formación que lles permitiu aumentar a produción e mellorar as condicións de vida.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Accións para o desenvolvemento sostible no Beni

Accións para o desenvolvemento sostible no Beni 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A intervención tiña como obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo, ao tempo que se puxeron en práctica técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último foi o de dispoñer dun edificio que aloxara perto de 720 visitantes ao ano. Os recursos obtidos servirían para o…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Ampliación dunha escola de primaria na comunidade de Kikolo

Ampliación dunha escola de primaria na comunidade de Kikolo 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto consistiu na ampliación dunha escola e construción de latrinas para 400 alumnas e alumnos. Contempláronse accións colaterais de reciclaxe do profesorado, así como a implicación dos pais e nais na educación dos seus fillos e fillas, contribuíndo a mellorar o tecido social.

continuar
continuar
Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información