Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

Proxecto de cooperación

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Captación de auga para o municipio de Las Sabanas

Captación de auga para o municipio de Las Sabanas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Un total de 237 familias do municipio de Las Sabanas participaron neste proxecto, que tivo como obxectivo promover e apoiar accións de captación de auga amigables co medio ambiente a fin de garantir unha cantidade suficiente para a obtención de alimentos e consumo diario. Deste xeito, construíronse 10 pozos, instaláronse 120 sistemas de captación de auga e 54 píos para…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín

Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto tivo como obxectivo contribuír á mellora da situación socioeconómica da poboación campesiña dese distrito, mediante o apoio á produción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e participación das institucións públicas e contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital. Os principais compoñentes do proxecto foron: asistencia técnica…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba

Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Unhas 15.000 persoas do distrito de Vilcabamba participaron nas actividades do proxecto, que consistiron, dunha banda, en prestar atención primaria de saúde, dotación de material sanitario e medicinas, formación do persoal sanitario e exame de saúde ás nenas e nenos. Na área veterinaria, contribuíuse á erradicación da epidemia de fasciola hepática na cabana gandeira, saneamento e mellora da crianza de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional das Mercocidades

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional das Mercocidades 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O obxectivo central do proxecto foi o fortalecemento institucional das Mercocidades a través da activa participación dos seus socios, para a construción de novos enfoques de intervención que xeren un encontro entre os postulados políticos e as accións específicas. Para iso, leváronse a cabo accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades da rede Mercosur. Así mesmo, desenvolvéronse estratexias de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais

Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Esta foi a primeira anualidade dun programa que abarcou un total de cinco anos. O obxectivo era contribuír ao desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír a vulnerabilidade económica, social e ambiental xeradas pola pobreza estrutural. O proxecto abrangueu a 15 comunidades rurais nas que se desenvolveron actividades de capacitación sobre organización, desenvolvemento e xestión comunitaria; procesos de fortalecemento de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma

Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con este proxecto apoiouse o desenvolvemento agrícola sostible da poboación indíxena do municipio andino de Chuma, na provincia de Muñecas, a través do fortalecemento da Cooperativa Agrícola de Muñecas (CAM), que incluía 22 comunidades empobrecidas. Realizáronse as seguintes actividades: introdución de prácticas de diversificación andina, asesorías técnicas sobre o aprovisionamento de produtos agrícolas e sobre as estratexias de comercialización, capacitación…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Asistencia médica e cirúrxica gratuíta

Asistencia médica e cirúrxica gratuíta 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través deste proxecto, mellorouse a saúde das persoas que viven nas contornas dos hospitais Santa Ana de Quillabamba e Santa Rosa de Puerto Maldonado. Ambos os dous hospitais son referencia para unhas 80.000 persoas cada un. Dous equipos de Solidariedade Galega, un cirúrxico e radiolóxico e outro pediátrico e oftalmolóxico, viaxaron a estes hospitais nos meses de outubro e…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Programa de actuación integral en Porto Rincão

Programa de actuación integral en Porto Rincão 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto en colaboración co municipio de Santa Catarina, en Cabo Verde, consistiu nun programa integral de servizos básicos para a poboación. Levouse a cabo a instalación dun xerador eléctrico de 125 kW e a extensión da rede aérea de baixa tensión ata Rincão Baixo, onde non había electricidade. A prolongación da electricidade foi conectada para o alumeado público e…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Programa de tres anos a través do que se buscou o incremento da produción de carne e leite, mellorando o gando vacún e introducindo o bufalino, así coma a habilitación de pastos, sistemas de rego e alimentación do gando, creando novas condicións de traballo para as e os cooperativistas que facilitan a estabilidade e o reasentamento poboacional.

continuar
continuar
Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información