Concellos do Fondo Galego súmanse ao Día contra a Pobreza con exposicións de ONGD

Concellos do Fondo Galego súmanse ao Día contra a Pobreza con exposicións de ONGD

Concellos do Fondo Galego súmanse ao Día contra a Pobreza con exposicións de ONGD 1199 899 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora o 17 de outubro, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade colabora coa Coordinadora Galega de ONGD para facilitar a implementación de actividades das organizacións non gobernamentais nos concellos socios. Exposicións sobre comercio xusto, soberanía alimentaria, igualdade de xénero, dereito á educación ou dereito á auga amósanse ata finais de mes nas seguintes vilas:

  • A Laracha: 'As mulleres, o futuro dun continente', de Axuda en Acción, no Edificio de servizos múltiples.
  • Burela: 'A escola, camiño de futuro', de Educo, CEIP Vista Alegre e IES Monte Castelo.
  • Pontecesures: 'Os rostros do comercio xusto', de Agareso e Amarante, na Biblioteca.
  • Rianxo: 'Auga con Fronteiras', de Enxeñería sen Fronteiras, no Auditorio.
  • Rodeiro: 'As mulleres alimentan o mundo',  de Panxea, no Centro cultural Manuel Lamazares.
  • Valga: '100% Attawassoul' de Amarante e Agareso, no IES de Valga.


Outras administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego súmanse este mes á conmemoración do Día contra a Pobreza acollendo as propostas habituais da entidade para concienciar sobre as desigualdades e promover a loita por un mundo máis xusto, que van desde os contacontos e exposicións ata os obradoiros e as aulas maxistrais de fotografía social. Os horarios e emprazamentos poden consultarse na axenda do web.

O Fondo Galego participa ademais na difusión das propostas da campaña Impórtanos!, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade de Vigo, que xunto coa Coordinadora está a impulsar accións de concienciación e denuncia baixo o lema 'Maniféstate contra a riqueza que empobrece!', no marco da iniciativa Pobreza Cero.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información