InteRed, ACPP e Enxeñería sen Fronteiras recibirán un total de 136.603 euros para desenvolver accións a prol da saúde sexual e do acceso á auga.
Unha responsable de Acnur detallou na Asemblea celebrada hoxe o resultado da axuda de emerxencia destinada ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.
O 10 de decembro de 2018 cumpre 70 anos un dos textos máis importantes da historia: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un documento que, co seu primeiro artigo, xa nos tería que facer reflexionar sobre o camiño que está a tomar a nosa sociedade:
"Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, en dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".
continuarA responsable de Proxectos de Acnur presentará os resultados da axuda de emerxencia destinada a combater a vaga de frío que afectou ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns. Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego participarán na xuntanza, convocada para o 12 de decembro, ás 10.30 horas, en Santiago de Compostela.
continuarO novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ábrese co gran acto que conmemorou o vixésimo aniversario do Fondo Galego, para continuar co balance das dúas vertentes do programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo. A publicación recolle tamén outras novidades en formato de fotonoticia, o peche do proxecto con Acnur e mais unha entrevista a Gloria Prada, concelleira de Monforte e vogal da Comisión Executiva.
continuar O premio da terceira edición do concurso organizado polo Fondo Galego de Cooperación consistía nunha viaxe para elaborar unha mostra fotográfica.
O autor vigués atópase no país da África lusófona para captar coa súa cámara tanto os proxectos alí apoiados como instantáneas da vida cotiá.
A miúdo escoitamos que "as nenas e nenos son o futuro", pero no Fondo Galego de Cooperación cremos que as nenas e nenos son tamén o presente. Por iso a construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva non se entendería sen implicalas e implicalos no proceso. De aí que no Día Internacional da Infancia, que hoxe se conmemora, poñamos no…
continuarDiscursos e actuacións combináronse nun gran acto polos 20 anos da entidade, que desde onte ocupa a Presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal.
continuar O evento desenvolverase o xoves 9 de novembro a partir das 11 horas na Cidade da Cultura, con actuacións musicais, contos e lectura de poemas.
Máis de medio cento de representantes de concellos, da Xunta e de fondos doutras comunidades autónomas confirmaron xa a súa presenza na xornada.
A vicepresidenta do Fondo Galego de Cooperación e concelleira en Redondela, Teresa París, atópase en Praia canda 2.000 delegados dos cinco continentes.
A asociación de concellos e deputacións únese ao debate internacional para promover un progreso económico e social que beneficie a todas as persoas.