Dous empregados do Concello de Ourense pasarán unhas Vacacións con Traballo en Cabo Verde
https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/20101015_crisegonzalo_500.jpg
500
296
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/20101015_crisegonzalo_500.jpg
Dous empregados do Concello de Ourense pasaran un mes colaborando coa Câmara Municipal de São Filipe, en Cabo Verde, a través da iniciativa ‘Vacacións con Traballo’ que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que a Cidade das Burgas forma parte. Este programa de voluntariado en países do Sur dálle ao persoal das administracións socias a posibilidade de compartir os seus coñecementos teóricos e prácticos coas entidades de acollida, contribuíndo a fortalecer as capacidades locais en zonas desfavorecidas.
continuar





