As xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria celebraranse entre o 20 e o 23 de marzo

As xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria celebraranse entre o 20 e o 23 de marzo

As xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria celebraranse entre o 20 e o 23 de marzo 1600 1067 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria celebraranse este semestre entre o 20 e o 23 de marzo en seis vilas de Galicia. As técnicas e técnicos delegados do Fondo Galego de Cooperación en cada una das Administración socias están chamados a estes foros, que non exclúen a participación de representantes políticos.

Os Concellos de Fene, Santiago de Compostela, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Mos, e mais a Deputación de Ourense acollerán as xuntanzas, que darán comezo ás 12.30 horas. As e os asistentes poden escoller a cal reunión acudir segundo a data e a localización que prefiran.

As RMS permiten manter un contacto directo entre os socios do Fondo e a Secretaría Técnica, tanto por un labor de información e transparencia, como por un papel de motor organizativo en canto a todas as actividades que se poden implementar desde os Concellos e Deputacións. Nesta ocasión, a participación será fundamental para poder coñecer e participar do Plan de sensibilización de 2012.

CALENDARIO
Mércores 21 de marzo: Ourense,  sala de xuntas do Centro cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 33.
Mércores 21 de marzo: Vilagarcía de Arousa, Auditorio municipal. Avenida da Mariña, s/n (xunto o parque Miguel Hernández).
Xoves 22 de marzo: Lugo, salón de actos do Centro de convivencia Maruja Mallo. Rúa das Hortas, s/n.
Xoves 22 de marzo: Fene, salón de plenos, Casa do Concello. Avda do Concello, s/n.
Venres 23 de marzo: Santiago de Compostela, Centro cultural do Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 .
Venres 23 de marzo: Mos, Edificio CDL (Centro de Desenvolvemento Local). Estrada Peinador, 41, Tameiga – Puxeiros.

ORDE DO DÍA
1. Proxectos de 2011, e situación en 2012.
2. Sensibilización: presentación do Plan 2012 de Sensibilización: 15 anos administrando solidariedade desde o local, actividades previstas e materiais.
3. Rogos, preguntas, suxestións.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información