As Liñas Estratéxicas 2020-2023 preséntanse na primeira Asemblea virtual do Fondo Galego

As Liñas Estratéxicas 2020-2023 preséntanse na primeira Asemblea virtual do Fondo Galego

As Liñas Estratéxicas 2020-2023 preséntanse na primeira Asemblea virtual do Fondo Galego 1199 580 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As persoas representantes dos 98 concellos e as tres deputacións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade están chamadas a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o martes 30 de xuño ás 10 horas. Por vez primeira nos 23 anos de historia da asociación municipalista, o encontro celebrarase a través de videoconferencia, a fin de minimizar o risco sanitario derivado da pandemia do coronavirus.

A orde do día inclúe cuestións tan destacadas como a aprobación das Liñas Estratéxicas para o presente mandato ou do Plan de Actividades e orzamento de 2020, que incorpora importantes novidades debido á situación xerada pola Covid-19. Darase conta tamén da memoria de actividades e balance económico de 2019 e ratificaranse as últimas altas e baixas de entidades socias. Na xuntanza renovaranse ademais algúns dos cargos da Comisión Executiva e abordarase o novo marco de relacións co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), think tank impulsor do Fondo Galego que desde o mes de abril xa non exerce a Secretaría da organización.

Unha vez remate este primeiro encontro virtual, acto seguido desenvolverase a Asemblea Xeral Extraordinaria co único obxectivo de tratar a modificación estatutaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A nova proposta de estatutos, que foi supervisada por unha asesoría xurídica, responde á necesidade de adaptarse á realidade actual da entidade e mais á lexislación vixente, así como á linguaxe inclusiva e á terminoloxía da cooperación.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información