As Imaxes con Fondo poden votarse ata o 2 de decembro

As Imaxes con Fondo poden votarse ata o 2 de decembro

As Imaxes con Fondo poden votarse ata o 2 de decembro 1600 263 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


Ata o 2 de decembro ás 23.30 horas permanecerá aberta na páxina do Fondo Galego en Facebook a votación online para escoller as fotografías finalistas do concurso Imaxes con Fondo, que nesta terceira edición busca promover a reflexión arredor da interculturalidade. Un total de 84 obras, presentadas por 35 persoas, concorren na categoría adulta. Segundo consta nas bases da promoción, as e os internautas poden votar ata cinco fotografías que, ao seu xuízo, mellor:

  • Poñan en valor os aspectos positivos da mestura entre nacionalidades, etnias, culturas, etc.
  • Denuncien a discriminación de grupos pertencentes a culturas diferentes á dominante.
  • Promovan o respecto á diversidade e mais o diálogo e a convivencia entre culturas.
  • Revelen as auténticas causas de conflitos que adoitan presentarse como choques culturais.
  • Desmonten estereotipos sobre as persoas doutras nacionalidades, etnias, culturas, etc.
  • Contrarresten os discursos dos medios de comunicación hexemónicos ao respecto.
  • Amosen a acollida ou outras actividades solidarias coas persoas migrantes ou refuxiadas.
  • Amosen mobilizacións e accións reivindicativas a prol das persoas migrantes ou refuxiadas.

As 15 fotografías con máis votos pasarán á segunda fase, na que un xurado experto no eido da fotografía e do ámbito social seleccionará as obras gañadoras durante o mes de decembro. Para garantir unha maior transparencia e neutralidade, a autoría das imaxes manterase no anonimato, polo que se poden compartir pero sin citar explicitamente o nome do creador ou creadora. Para evitar a fraude, só se permiten cinco votos desde un mesmo navegador/ordenador.

A persoa gañadora do certame Imaxes con Fondo III realizará unha viaxe a Mozambique co fin de desenvolver un traballo fotográfico sobre a realidade do país lusófono e os proxectos alí apoiados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O segundo posto recoñecerase cunha cesta de produtos de comercio xusto e o terceiro cun lote de películas de temática social.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información