Nos meses que restan de 2011 está dispoñible para as entidades socias do Fondo Galego o espectáculo ‘Contos coas mans abertas’. A proposta da compañía A Tropa de Trapo colleitou o ano pasado unha excelente acollida. Este ano renóvase a colaboración para realizar 42 representacións máis.
As historias narradas por Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, algunhas con acompañamento musical, inspíranse en casos reais de mulleres da aldea, cooperantes ou inmigrantes, entre outros protagonistas. Están dirixidas a público adolescente e adulto.
Os Concellos e Deputacións interesados en dispor desta actividade de sensibilización facilitada polo Fondo Galego, deben solicitala á Secretaría Técnica a través do enderezo electrónico acorzo@igadi.org ou no teléfono 678 613 782 (Andrea García Corzo).
A selección realizarase segundo a orde de entrada das peticións recibidas, podendo repetir aqueles socios que tivesen acollido o espectáculo durante o ano 2010.