Arquitectos Sen Fronteiras mellora as condicións sanitarias en Mozambique co apoio do Fondo Galego

Arquitectos Sen Fronteiras mellora as condicións sanitarias en Mozambique co apoio do Fondo Galego

Arquitectos Sen Fronteiras mellora as condicións sanitarias en Mozambique co apoio do Fondo Galego 800 645 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoiou con 49.954 euros o proxecto de Arquitectos Sen Fronteiras que permitiu mellorar as condicións sanitarias na provincia mozambicana de Inhambane. A asociación de Concellos e Deputacións participou, xunto con outras axencias cofinanciadoras, na rehabilitación do centro de saúde de Río das Pedras e na construción dunha nova maternidade, que xa están en pleno funcionamento. A achega do Fondo Galego destinouse a completar as obras optimizando as condicións de hixiene. Concretamente, en cada un dos dous centros instalouse unha incineradora, unha foxa biolóxica e mais un peche perimetral.

Tamén se realizou un diagnóstico das infraestruturas sanitarias da provincia mediante a visita a 116 unidades. A base de datos elaborada e o documento final servirán para definir un novo plan de investimento e priorizar as actuacións máis inmediatas. Asemade, o persoal técnico da Dirección Provincial de Saúde (DPS) recibiu formación no eido informático. Aprenderon a manexar o Autocad e outros programas complementarios que lles facilitarán o traballo. Doutra banda, redactáronse os proxectos para rehabilitar tres vivendas para a DPS, entre as que figura o edificio de Unicef. Achegouse tamén asesoramento técnico na visita a diferentes centros que se atopaban en obras, coma o hospital de Vilankulos.

A iniciativa da ONGD Arquitectos Sen Fronteiras dirixiuse a fortalecer as capacidades na Dirección Provincial de Saúde para mellorar a planificación e a xestión dos recursos do sistema sanitario. Ao mesmo tempo, facilitouse o acceso á rede primaria da poboación de diversas comunidades de Inhambane. No primeiro mes de funcionamento, a maternidade atendeu 57 consultas post-parto e 21 partos. O proxecto foi subvencionado polo Fondo Galego a través da convocatoria de axudas á cooperación indirecta de 2009.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información