Alcaldesas e concelleiras galegas intercambian experiencias en Palma con políticas de 13 países

Alcaldesas e concelleiras galegas intercambian experiencias en Palma con políticas de 13 países

Alcaldesas e concelleiras galegas intercambian experiencias en Palma con políticas de 13 países 1800 1484 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Dúas alcaldesas e sete concelleiras de municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade terán a oportunidade de intercambiar experiencias con 140 políticas locais de trece países no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘Les Elegides’, que se celebra hoxe e mañá en Palma de Mallorca. Fortalecer o liderado das donas, reflexionar sobre as resistencias que enfrontan para permanecer no cargo e destacar o seu rol innovador na transformación dos servizos públicos son os obxectivos deste espazo de intercambio impulsado polo Fons Mallorquí de Cooperació.

As alcaldesas Carmela López, de Burela, e María Lago, de Muros, e mais as concelleiras Laura Eiras, de Muros; Patricia Lojo e Amparo Cerecedo, da Pobra do Caramiñal; Pilar Barja, de Bergondo; Patricia Diego e Estela Pérez, de Nigrán, e Noelia Freijeiro, de Malpica de Bergantiños, participan nas xornadas a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo. Baixo o lema ‘Liderado, innovación e boas prácticas desde o Sur e o Norte Global’, o encontro aborda estratexias para fortalecer as redes de electas e a súa influencia na gobernanza local.

Segundo ONU Mulleres, só o 35,5% das persoas que ocupan cargos en órganos deliberativos locais no mundo son mulleres. Estes datos poñen de manifesto a necesidade de seguir impulsando espazos de diálogo, colaboración e aprendizaxe compartida como o que o propio Fondo Galego organizou o ano pasado na Coruña: ‘As Elixidas’. A paridade na representación política non é só un dereito, senón tamén unha condición indispensable para a democracia, o desenvolvemento sustentable e unha gobernanza máis inclusiva. A democracia plena necesita a voz, a acción e a permanencia das mulleres.

De Palestina a Galicia

Entre a vintena de conferenciantes de Europa, África, América Latina e o Mediterráneo que intervirán no programa de ‘Les Elegides’ atópase a palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, que a próxima semana visitará oito concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Co título ‘Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas’, desenvolveranse recepcións institucionais e encontros abertos á cidadanía na Pobra de Trives, Allariz, Culleredo, Abegondo, Santiago de Compostela, Muros, Silleda e Soutomaior, coa seguinte axenda:

Luns 10/11
A Pobra de Trives – 16:30h. Auditorio Julio Vázquez. Encontro con Hanan Kaoud.
Allariz – 19:15h. Casa do Concello. Recepción institucional – 19:30h. Fogar dos Maiores. Encontro con Hanan Kaoud.

Martes 11/11
Culleredo – 12:00h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.
Abegondo – 18:30h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.

Mércores 12/11
Santiago de Compostela – Pazo de Raxoi. Recepción institucional.
Muros – 17:00h. Local Social de Sorribos (Abelleira). Charla-café con Hanan Kaoud.

Xoves 13/11
Silleda – Casa do Concello. 10:30h Recepción institucional. 11:00 Encontro con Hanan Kaoud.
Soutomaior – 17:00h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información