Aberto o prazo para solicitar actividades de sensibilización

Aberto o prazo para solicitar actividades de sensibilización

Aberto o prazo para solicitar actividades de sensibilización 1199 435 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade teñen ata o 22 de marzo incluído para enviar a ficha de solicitude das actividades de sensibilización do Plan 2019, que será ratificado na Asemblea Xeral do día 26. Entre as accións que poderán implementar ao longo do ano, destacan os espectáculos musicais e teatrais, nalgúns casos coa opción de exposicións complementarias ou de unidades didácticas de apoio.

  • Batuko Tabanka: O grupo integrado por mulleres caboverdianas afincadas na Mariña lucense difunde a cultura caboverdiana cun concerto no que se intercala información sobre o país lusófono. Pode complementarse co mostra ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’  do fotoxornalista Rober Amado. Ficha técnica
  • O valo: Pallasos en Rebeldía representa este espectáculo teatral sobre as fronteiras e as persoas refuxiadas que se estrutura arredor dun encontro entre unha nena que foxe da guerra e un rapaz soldado. Pode complementarse coa exposición ‘No colo da esperanza’, realizada por Felipe Carnotto na ruta dos Balcáns. Ficha técnica
  • Catro monos: A Tropa de Trapo combina narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario, cunha innovadora posta en escena. Ficha técnica

Matizamos que este ano non é obrigatorio, aínda que si recomendable, acoller as exposicións que complementan as actividades. Ademais, dispoñemos doutras mostras (dúas delas en fase de produción) que podedes solicitar desde xa, sen prexuízo de que se vos adxudique algunha das propostas anteriores. Lembrámosvos que, no caso das exposicións, o traslado e a montaxe/desmontaxe corren a cargo do concello receptor.

Ademais, as deputacións e concellos socios teñen á súa disposición a filmoteca do Fondo Galego para organizar ciclos de cine ou ben proxectar algunha película ou documental de temática social. Neste caso, cada administración costearía os gastos do envío e dos dereitos de emisión (distribuidora e SGAE).

Por último, a guía de boas prácticas recolle algunhas suxestións á hora de programar estas actividades de educación para o desenvolvemento.

Aberto o prazo para solicitar actividades de sensibilización

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información