Aberta a convocatoria de proxectos para axentes galegos de cooperacion

Aberta a convocatoria de proxectos para axentes galegos de cooperacion

Aberta a convocatoria de proxectos para axentes galegos de cooperacion 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de abrir o prazo da convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación internacional dirixida ás entidades galegas do sector. A convocatoria de 2013 está dotada con 70.000 euros, o que supón un incremento orzamentario do 40% respecto do ano pasado. O máximo da achega por proxecto ascende a 30.000 euros e o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

Terán preferencia as intervencións nos países menos adiantados, naqueles prioritarios para o Fondo Galego (Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú), nos países lusófonos e nos sinalados no II Plan Director da Cooperación Galega. Amais de incorporar enfoques transversais coma a loita contra a pobreza, os Dereitos Humanos, a igualdade de xénero e a protección do medio ambiente, o ámbito de actuación deberá estar vinculado co eido local. Os parceiros locais han de responsabilizarse da execución, que contará coa participación das persoas beneficiarias. Ao tempo, as organizacións solicitantes teñen que acreditar dous anos de presenza real en Galicia e outros tantos de experiencia no país e no sector de destino.

A Comisión Executiva do Fondo Galego presentou o 4 de xullo as bases desta convocatoria de proxectos ante o Consello Municipalista de Cooperación, órgano consultivo do que están convidadas a particpar as organizacións non gobernamentais, sindicatos e demais axentes do sector. Tras a xuntanza incorporáronse ao documento definitivo boa parte das alegacións presentadas pola Coordinadora Galega de ONGD.

Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Formulario narrativo
Formulario económico

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información