A Xunta colabora con Fondo na sensibilización da sociedade galega sobre a cooperación

A Xunta colabora con Fondo na sensibilización da sociedade galega sobre a cooperación

A Xunta colabora con Fondo na sensibilización da sociedade galega sobre a cooperación 2560 1912 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


A Vicepresidencia da Xunta vén de asinar un convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para cofinanciar o Plan de Sensibilización 2014 'Os Obxectivos do Milenio: Fin e Principio'. O obxectivo desta iniciativa é fortalecer desde o local a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento. O orzamento do plan ascende a 63.414 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará 40.000 euros. Desde o ano 2000, o goberno autonómico vén colaborando coa asociación municipalista no eido da sensibilización e da educación para o desenvolvemento, a través da sinatura de diferentes convenios.

O Fondo Galego é unha entidade plural que agrupa a 87 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, administracións comprometidas coa colaboración cos países empobrecidos. Ao tempo, o goberno galego considera a cooperación para o desenvolvemento un ámbito primordial, tal e como consta no III Plan Director da Cooperación Galega, aprobado en marzo no Parlamento, e que recolle este convenio.

O III Plan Director pon de relevo a valía do Fondo para potenciar a cooperación local e así mellorar a súa coordinación e capacidade, ademais de establecer como un dos seus obxectivos a sinatura dun convenio anual. Asemade, o Fondo Galego está recoñecido pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) como axencia municipal para a cooperación. O seu papel resulta, pois, primordial, e así o estima a Xunta de Galicia ao renovar o seu apoio á consolidación do Fondo como instrumento vertebrador da cooperación municipal.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información