En breve, presentarase o Plan de actividades para o 2013, no que comezará a circular a exposición produto do concurso Imaxes con Fondo, e o documental realizado por Agareso en colaboración co Fondo sobre a súa historia e resultados, que se presentou na conmemoración do 15 aniversario. Podedes ver o tráiler que realizamos sobre o mesmo en colaboración coa Televisión de Galicia: http://www.youtube.com/watch?v=AvHqLJaDFUI
Finalmente podemos adiantar que as entidades socias interesadas en recibir o espectáculo de A Tropa de Trapo (para público infantil e familiar) “Antía, Wamba e o regato pequeno” poden solicitalo desde xa.