A Rede Municipalista Solidaria reunirase entre o 19 e o 22 de marzo

A Rede Municipalista Solidaria reunirase entre o 19 e o 22 de marzo

A Rede Municipalista Solidaria reunirase entre o 19 e o 22 de marzo 1600 1067 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cinco vilas galegas acollerán entre o 19 e o 22 de marzo as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria (RMS), integrada polas técnicas e técnicos encargados da relación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das administracións socias. Nos encontros presentaranse as actividades de sensibilización dispoñibles para este ano e informarase sobre os proxectos en curso nos países do Sur, á vez que se analizarán a situación e perspectivas para o presente exercicio.

Os Concellos de Ourense, Redondela e Teo, e mais as Deputacións de Lugo e a Coruña, serán os anfitrións dos foros. As preto de cen persoas convocadas poden escoller a cal acudir en función da súa dispoñibilidade. Tamén están convidadas as e os representantes políticos das entidades locais e provinciais, para coñeceren de primeira man o funcionamento, resultados e capacidades do Fondo Galego.

Estas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria coa Secretaría Técnica da asociación facilitan un contacto directo que actúa como motor organizativo, amais de contribuír á información e á transparencia. Todas as xuntanzas deste primeiro semestre darán comezo ás 10.30 horas.

CALENDARIO
Martes 19 de marzo: Concello de Ourense, Centro de iniciativas empresariais. Rúa Padre Feijoo, 1A.
Mércores 20 de marzo: Deputación de Lugo, Museo provincial. Praza da Soedade, 12.
Mércores 20 de marzo: Concello de Redondela, Centro multiusos. Paseo da Xunqueira, s/n.
Xoves 21 de marzo: Deputación da Coruña, sala de prensa 'Juanjo Gallo', 6º andar do Pazo provincial. Avda. Alférez Provisional, 2.
Venres 22 de marzo: Concello de Teo, salón de plenos. Travesía da Ramallosa, s/n.

ORDE DO DÍA
1. Proxectos de 2011-2012/2013.
2. Presentación do Plan de Sensibilización 2013.
3. Rogos, preguntas, suxestións.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información