A delegación do INPRHU despediuse de Galicia no Encontro do Fondo co PSdeG: Institucións Locais e Solidariedade

A delegación do INPRHU despediuse de Galicia no Encontro do Fondo co PSdeG: Institucións Locais e Solidariedade

A delegación do INPRHU despediuse de Galicia no Encontro do Fondo co PSdeG: Institucións Locais e Solidariedade 1199 799 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación recibiu a visita do Instituto de Promoción Humana-Somoto durante a última semana do mes de xaneiro, oportunidade que serviu para dar a coñecer en Galicia o seu proxecto de desenvolvemento humano para a rexión de Madriz, no norte de Nicaragua. A Delegación do INPRHU, que estivo acompañada en todo momento por membros da Secretaría Técnica (IGADI), visitou os Concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Oleiros, Ferrol, A Coruña, Monforte e Sarria, e a Deputación de Lugo. En todas as paradas houbo lugar nesta Visita ao Norte para que a compañeira e o compañeiro do INPRHU explicasen de primeira man as particularidades dos proxectos que o Fondo Galego apoia en Madriz desde 2003. O contacto con representantes políticos e técnicos, e as intervencións nos IES María Casares de Oleiros, A nosa señora dos ollos grandes de Lugo, ou os tres IES de Monforte, decorreron con normalidade e boa sintonía, completando con éxito a misión. Finalmente, o INPRHU participou o sábado 28 dos Encontros promovidos polo Fondo: Institucións Locais e Solidariedade, no Parlamento de Galicia e organizado polo PSdeG-PSOE. Na xuntanza achábase unha delegación da Coordinadora Galega de ONGD e membros doutras ONGD de Galicia, ademais de diferentes representantes do PSdeG, que apoiaron e reafirmaron o seu compromiso co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información