A Confederación de Fondos aproba o seu plan de actividades co Fondo Galego na Presidencia

A Confederación de Fondos aproba o seu plan de actividades co Fondo Galego na Presidencia

A Confederación de Fondos aproba o seu plan de actividades co Fondo Galego na Presidencia 1199 799 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad vén de aprobar en Valencia o plan de actividades para 2018, logo de que o Fondo Galego asumira a Presidencia da entidade a finais do ano pasado. A nova planificación recolle entre os seus obxectivos o fortalecemento deste espazo de coordinación e traballo dos distintos fondos do Estado, así como impulsar á representatividade e interlocución con outros axentes.

O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e alcalde de Nigrán, Juan González, e mais a vicepresidenta e concelleira en Redondela, Teresa París, participaron o pasado venres na Asemblea da Confederación, onde ocupan a Presidencia e a Secretaría, respectivamente. González salientou no encontro a necesidade de poñer en valor este espazo compartido, "dando pasos para recuperar presenza e para mellorar o mundo desde a unidade". "Somos a ferramenta axeitada para territorializar a cooperación e a sensibilización", engadiu a vicepresidenta da Confederación e presidenta do Fons Valencià, Xelo Angulo.

A xuntanza contou tamén coa participación do conseller de Transparencia, Responsabilidade Social, Participación e Cooperación da Generalitat Valenciana, Manuel Alcaraz, quen coincidiu en destacar o papel "esencial" dos municipios na promoción da solidariedade e a importancia da colaboración entre administracións para impulsar a proxección exterior e mellorar a vida das persoas. Do mesmo xeito, o director xeral de Cooperación e Solidariedade, Federico Buyolo, apelou á necesidade de estar conectados nun mundo "onde hai problemas globais que pasan por solucións locais" e viceversa.

O plan anual da Confederación, que representa a un milleiro de municipios e deputacións con proxectos de desenvolvemento en máis de trinta países,  púxose en marcha xa na xornada previa á asemblea, cunha formación arredor da comunicación transformadora e creativa á que asistiu persoal técnico dos nove fondos integrados: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Fons Valencià per la Solidaritat, Fons Pitiús de Cooperació, Fondo Andaluz de Municipios para la Solidariadad Internacional (Famsi), Euskal Fondoa, Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo (Felcode), Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació, Fons Menorquí de Cooperació.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información