A Campaña do Milenio de Nacións Unidas pecha dous anos de encontros dixitais en torno aos ODM e ODS

A Campaña do Milenio de Nacións Unidas pecha dous anos de encontros dixitais en torno aos ODM e ODS

A Campaña do Milenio de Nacións Unidas pecha dous anos de encontros dixitais en torno aos ODM e ODS 501 515 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Xavier Longan, responsable de Programas na Campaña do Milenio de Nacións Unidas (ONU), pecha este mércores o programa de encontros dixitais #Alén2015, posto en marcha polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en xaneiro de 2015.

A finalidade deste proxecto era achegar á cidadanía a valoración de diferentes axentes da cooperación sobre os 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), definidos no ano 2000 pola ONU, e coñecer as súas propostas para a axenda de desenvolvemento post 2015, aprobada o pasado mes de setembro en Nova York e que se concretou en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que guiarán a cooperación internacional ata 2030.

A conversa online con Xavier Longan realizarase este mércores 16 de decembro, entre as 16.30 e as 18 horas nos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego para falar sobre o traballo de promoción da Campaña do Milenio en torno aos ODM primeiro e os ODS na actualidade, así como avaliar os logros acadados nas metas aprobadas no ano 2000 e analizar os novos Obxectivos Mundiais.

#EncontroMilenio
Existen diferentes vías para poder participar na charla. Durante a mesma, pódense facer as preguntas en "comentar", debaixo da imaxe de Xavier Longan que publicaremos no muro do perfil de Facebook do Fondo Galego ás 16.30 horas do mércores 16 de decembro. No Twitter pódense deixar as cuestións para o experto en cooperación internacional co hashtag #EncontroMilenio.

Aquelas persoas que non poidan participar en directo poden deixar as súas dúbidas con carácter previo neste formulario; no Facebook, no espazo reservado a comentarios nos post que anuncien o encontro ou nunha mensaxe privada; no Twitter, co citado hashtag, ou envialas a fondogalego@gmail.com.

As persoas que participen activamente no encontro poderán obter un exemplar da revista Tempo Exterior do Igadi, a que escollan do catálogo, e entrarán no sorteo dun lote de libros que realizaremos o día 23 de decembro, con motivo do peche dos encontros #Alén2015.

Xavier Longan

Xavier Longan é responsable de Programas na Campaña do Milenio de Nacións Unidas. Con anterioridade a este cargo, exerceu de coordinador de Campañas para Eurostep en Bruxelas e de consultor para Europe External Policy Advisers (EEPA) tamén en Bruxelas.

Xavier Longan é licenciado en Historia pola Universidade Autónoma de Barcelona, licenciado en Ciencias Políticas e Relacións Internacionais pola Universidade de Lancaster (Reino Unido) e posúe un Mestrado en Política Europea tamén pola Universidade de Lancaster (Reino Unido).

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información