A Asemblea xeral de socios reúnese o 29 de abril en Compostela

A Asemblea xeral de socios reúnese o 29 de abril en Compostela

A Asemblea xeral de socios reúnese o 29 de abril en Compostela 1199 646 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebra o 29 de abril en Santiago de Compostela a primeira Asemblea xeral de 2013. A cita é ás 12.15 horas na sede da Fegamp e vai dirixida ás e aos representantes políticos do Fondo nas Deputacións e Concellos socios, aínda que tamén poderán delegar a súa participación noutros representantes, políticos ou técnicos da súa Administración.

A sesión arrincará co informe de situación da Comisión Executiva, titulado 'Somos os que estamos: o municipalismo galego e a solidariedade'. Tras a intervención da presidenta do Fondo Galego, Teresa París, darase paso á aprobación do balance económico de 2012. Ratificaranse a continuación as baixas solicitadas e exporase, por último, o plan de actuación do ano en curso.

Convocatoria e orde do día
Informe de situación
Balance económico 2012

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información