Trátase dunha iniciativa pioneira de Educación para a Paz, en época da ditadura, á que se foron sumando cada vez máis escolas e máis países, ata o punto de que en 1993 foi recoñecido e recomendado pola Unesco. No entanto, no hemisferio sur o Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase arredor do 30 de marzo, xa que o calendario escolar é diferente.
En España, a comezos dos anos 90 a Logse estableceu a formación para a paz, a cooperación e a solidariedade como un fin cara ao que orientar o sistema educativo, pero cómpre seguir avanzando para acadar a transversalidade deste eixo. En Galicia, desde 1985 o Seminario Galego de Educación para a Paz é o principal referente deste movemento internacional. Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego súmanse tamén cada ano á celebración acollendo exposicións, contacontos e diversas accións a prol da cultura de paz.