O primeiro dos Obxectivos do Milenio compromete os 189 Estados asinantes a erradicar a extrema pobreza, reducindo á metade, ata o ano 2015, a porcentaxe de persoas que ingresan menos dun dólar diario. Sen embargo, os datos non están a mellorar e calcúlase que na actualidade máis de 1.400 millóns de persoas viven na pobreza extrema.
Contribuír a paliar esa situación é a finalidade dos proxectos que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A través das actividades de sensibilización, conciénciase ademais para que a cidadanía achegue o seu gran de area á redución das desigualdades Norte-Sur.