16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia

16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia

16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Desde entón, conmemórase nesa data o Día Internacional para  Tolerancia con propostas dirixidas tanto aos centros de ensino coma ao público en xeral.

Trátase de recoñecerlles aos demais o dereito a que se respecte a súa persoa e a súa identidade, unha compoñente fundamental na construción da cultura de paz.

Nunha sociedade cada vez máis diversa e nun contexto de crise económica, a promoción de actitudes tolerantes faise imprescindible. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén traballando no impulso deste tipo de valores entre a poboación máis nova.

Empréganse para isto exposicións e unidades didácticas, como a titulada ‘A Paz Cuestión de Fondo’. A tráves das viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convídase a reflexionar sobre o racismo, a violencia e a pobreza.

Tamén espectáculos como ‘Contos coas mans abertas’, que este ano xirará por 42 municipios da man da Tropa de Trapo, apostan pola interculturalidade e a comprensión do diferente. Precisamente con esta actuación nun instituto decidiron celebrar hoxe o Día Internacional para a Tolerancia no Concello de Verín.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información